Perfil do Contratante

O Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, outorga á Fundación CETAL, a condición de poder adjudicador.

En cumprimento do citado Real Decreto Lexislativo, neste apartado incluirase toda a información útil e necesaria sobre as licitacións abertas ou en curso e a documentación relativa ás mesmas, co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á actividade contractual da Fundación CETAL.

xoves, 30 de marzo de 2017
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DOS SISTEMAS DE CLIMATIZACIÓN ASÍ COMO DOUTRAS INSTALACIÓNS DO EDIFICIO DO CETAL
Publicación da contratación do servizo de conservación e mantemento dos sistemas de climatización así como doutras instalacións do edificio do CETAL, sitas na c/ Montirón nº 154 de Lugo.

 
venres, 24 de marzo de 2017
CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN EQUIPO DE UHPLC E SOFTWARE PARA ANÁLISE METABOLÓMICO, PROTEÓMICO E DE RESIDUOS
Publicación das condicións particulares e os pregos técnicos correspondentes á subministración e instalación dun sistema de cromatografía líquida UHPLC, co fin de combinalo e aumentar a eficacia e eficiencia do espectrómetro de masas QTOF xa instalado no LSA-CETAL, e do software de análise de datos para realizar análises proteómicos, metabolómicos e de residuos no campo da seguridade e calidade alimentaria, para o Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL (LSA-CETAL) . Expediente Nº: PS01_2017.
venres, 04 de abril de 2014
Plataforma de contratación do Estado
Perfil do Contratante da Fundación CETAL na Plataforma de contratación do Estado.
mércores, 01 de xaneiro de 2014
Instruccións internas de contratación da Fundación Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL)
Publícanse nesta páxina as instrucións internas de contratación que a Fundación CETAL aprobou para regular os seus procedementos de contratación.
Páxina 1 / 1     
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO