Ofertas de Emprego
A contratación laboral da Fundación CETAL está sometida ao determinado na Lei de Fundacións (Lei 50/2002 de 26 de decembro) para as fundacións do sector público estatal, segundo a cal os procesos de selección haberán de axustarse aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da correspondente convocatoria.
En consecuencia, os procesos de contratación de persoal levarase a cabo soamente cando haxa unha convocatoria debidamente aprobada e publicada e a selección non poderá facerse máis nada que entre os candidatos presentados á convocatoria de que se trate. Por tanto, non se terán en conta C. V. presentados fóra dos prazos establecidos ou que o foron para outra convocatoria distinta á que se estea resolvendo.

A continuación móstrase a información correspondente aos procesos selectivos actualmente abertos:
mércores, 27 de decembro de 2017
Proceso de selección de persoal. Técnico Especialista en Bioloxía Molecular. Código: TR02

Bases da convocatoria.
martes, 30 de xaneiro de 2018
Listaxe de puntuacións. Resolución.
Listaxe de puntuacións e Resolución do proceso selectivo para a cobertura da praza de Técnico Especialista en Bioloxía Molecular. Código: TR02.
 
luns, 22 de xaneiro de 2018
Valoración FASE I.- Inicio FASE II
Valoración FASE I e convocatoria FASE II. Proceso selectivo para a cobertura da praza de Técnico Especialista en Bioloxía Molecular. Código: TR02.
 
venres, 19 de xaneiro de 2018
Listaxe de admitidos e excluídos
Listaxe de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para a cobertura da praza de Técnico Especialista en Bioloxía Molecular. Código: TR02.
 
luns, 15 de xaneiro de 2018
Listaxe de admitidos e excluídos provisionalmente
Listaxe de admitidos e excluídos provisionalmente ao proceso selectivo para a cobertura da praza de Técnico Especialista en Bioloxía Molecular. Código: TR02.
 
Páxina 1 / 1     
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO