Retribucións altos cargos e máximos responsables Transparencia
O Real Decreto 451/2012, de 5 de marzo, polo que se regula o réxime retributivo dos máximos responsables e directivos no sector público empresarial e outras entidades, establece no seu artigo 6 que corresponde ao Ministro de Facenda e Administracións Públicas a clasificación en grupos das entidades incluídas no ámbito de aplicación do citado Real Decreto.
 
A Orde de 12 de abril de 2012, do Ministro de Facenda e Administracións Publicas pola que se aproba a clasificación das Fundacións do sector público estatal, clasifica á Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo - CETAL no grupo 3º.
 
De acordo co citado Real Decreto 451/2012, nas entidades do grupo 3º o número máximo de membros do consello de administración e órganos superiores de goberno ou administración non poderá exceder de 9 membros.
A condición de patrón da fundación CETAL é gratuíta. (art. 20 dos estatutos da fundación: Carácter gratuíto do cargo de patrón).
 
Así mesmo, nas entidades pertencentes ao grupo 3º, a retribución básica dos máximos responsables, que constitúe a súa retribución mínima obrigatoria, será de 50.000 euros. O complemento de posto representará, como máximo, o 60 por cento da retribución básica. E o complemento variable representará, como máximo, o 40 por cento da retribución básica.
O Director Xeral é o único persoal de alta dirección da Fundación CETAL.
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO