Dirección Xeral Transparencia


Javier Bueno Lema
Director Xeral da Fundación CETAL



Nacido en Zas (A Coruña) no ano 1965. Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Universidade Politécnica de Madrid.
 
Profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde o ano 1991, na que accedeu ao corpo de Profesor Titular de Universidade no ano 1998. O seu labor docente e investigador desenvolveuno na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.
 
Participou en 21 proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas e en 19 contratos con empresas (en 16 deles como investigador responsable), en 61 asistencias e comunicacións en congresos nacionais e internacionais e en 60 publicacións en libros e revistas nacionais e internacionais. Membro da Asociación Española de Agricultura de Conservación-Suelos Vivos, da Sociedade Española de  AgroIngeniería (SEAgIng), da  European  Society  of  Agricultural  Engineers (EurAgEng) e da  American  Society  of  Agricultural  and  Biological  Engineers (ASABE). Vogal da xunta directiva da Sociedade Española de  AgroIngeniería (2005-2009) e (2011-2015).
 
Na súa traxectoria profesional ten ocupado os seguintes cargos de xestión: Director da Residencia Universitaria Jesús  Bal e Gay (1994-1996), Subdirector da Escola Politécnica Superior (1999-2000), Director do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC (2005-2006), Vicerreitor Adxunto de Oferta e Xestión Académicas da USC (2006-2007), Director da Escola Politécnica Superior de Lugo da USC (2007-2014), Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo da USC (2014-2018) e Director do plan estratéxico do Campus Terra (2015-2018).
 
Ocupa o cargo de Director Xeral da Fundación  CETAL desde o 5 de febreiro de 2019.
 
.
 
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO