Quen Somos

A Fundación Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL) nace o 30 de Abril de 2007, é un organismo público de carácter estatal, cuxo órgano de goberno é o Padroado, o cal está presidido polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

O noso principal obxectivo é a mellora da Investigación o Desenvolvemento e a Innovación (I+D+i) no sector agroalimentario, promovendo, impulsando e apoiando o desenvolvemento tecnolóxico do sector e a mellora do coñecemento científico e técnico en materia agroalimentaria. Para iso desenvolve actividades dirixidas á mellora sistemática da competitividade dos produtos agroalimentarios, así como a súa innovación para a súa continua adaptación ás demandas dos mercados tanto nacionais como internacionais e á sustentabilidade económica das empresas e dos negocios agroalimentarios.

A Fundación CETAL traballa co fin de converterse nun órgano de referencia do sector agroalimentario español.

 

 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO