I+D+i Liña 4: Identificación e caracterización de especies bacterianas
  • LIÑA 4: IDENTIFICACIÓN E CARACTERIZACIÓN DE ESPECIES BACTERIANAS
 
Identificación e caracterización dos principais axentes patóxenos de interese agroalimentario

Para a identificación dos principais axentes patóxenos de interese agroalimentario: Escherichia. Coli (incluíndo verotoxixénicas), Salmonella (Salmonella spp.), Listeria (Listeria monocytogenes) e Campylobacter (Campylobacter spp.) empregamos métodos de microbioloxía clásica e molecular.

• Detección rápida de patóxenos
• Identificación xenética bacteriana
• Tipaxe xenético bacteriano
 
O LSA-CETAL ten unha ampla experiencia na detección e identificación de todos os Escherichia coli (ATEC / VTEC, ETEC, EPEC, EAggEC, EIEC, etc.) e na identificación de xenes de virulencia e resistencia a antibióticos das cepas productoras de ESBL (beta-lactamases de espectro estendido).

 
 
 











Identificación e caracterización de especies bacterianas que integran microbiomas de interese agroalimentario
 
Para a identificación doutras  especies de bacterianas integrantes do microbiomas interese agroalimentarias de métodos metaxenomicos para poder identificar e cuantificar os microorganismos nun ambiente particular. Esta técnica ten un crecente interese en varias áreas da industria alimentaria e de seguridade en alimentos.
 
Con este tipo de estudos pódese establecer relacións entre a composición da microbiota intestinal dos animais e seres humanos con diferentes tipos de dietas ou certas enfermidades.
 
A vinculación de algúns tipos de alimentación coa aparición de poboacións de patógenos emerxentes en animais de granxa tamén fai posible á utilización de tales metodoloxías, que teñen un claro interese desde o punto de vista da seguridade alimentaria.
 
Outras aplicacións importantes están relacionadas coa identificación de microorganismos non cultivables que pode ter un papel importante nos procesos da industria alimentaria. Exemplos son a identificación de certas encimas líticas, compoñentes bioactivos, os microorganismos actividade probiótica, o desenvolvemento do sabor e composición ou a palatabilidade de determinados alimentos.




 
 
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO