I+D+i ¿Que facemos?
O CETAL centra a súa actividade de investigación, desenvolvemento e innovación na área agroalimentaria, baseada no laboratorio de seguridade agroalimentaria (LSA-CETAL).

Estamos a investigar para aumentar os coñecementos necesarios para afrontar os retos da seguridade alimentaria nos vindeiros anos, mediante a aplicación de técnicas vangardistas de microbioloxía e bioloxía molecular para a análise, caracterización e estudo das mostras de plantas, animais e alimentos.

Somos un laboratorio aberto ao ámbito empresarial e un socio tecnolóxico ideal para o desenvolvemento de actividades de I+D+i coas empresas agroalimentarias, actualmente centrado nas seguintes liñas de investigación:
  • liña 1: identificación da trazabilidade das especies alimentarias,
  • liña 2: mellora da calidade alimentaria,
  • liña 3: caracterización xenética,
  • liña 4: identificación e caracterización de especies bacterianas.
 
Tamén estamos abertos a outras líñas de investigación.
A empresa pode decidir a fórmula do proxecto que mellor se adapte ás súas necesidades baixo as seguintes fórmulas:
 
  1. Proxectos de investigación aplicados:
Os servizos de investigación e desenvolvemento aplicados son a base de actividade do Centro:
  • Necesidades e aplicacións específicas do mercado,
  • Adquisición de novos coñecementos,
  • Transferencia de coñecementos para a creación de novos produtos, procesos ou servizos,
  •  Mellora dos produtos, procesos ou servizos existentes.
 
  1. Servizos baixo demanda
O CETAL traballa con empresas de todos os tamaños e sectores en proxectos de investigación personalizados dirixidos á industria agroalimentaria co obxectivo de enriquecer os seus produtos e mellorar a súa posición e competitividade nos seus mercados de referencia.
 
 
  1. Proxectos en consorcio
O CETAL establece consorcios con axentes do ámbito científico, tecnolóxico e empresarial.
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO