Sector Oleícola Controles de Calidade
O Consello Oleícola Internacional (COI) e a Unión Europea a través do Regulamento CE nº 2568/91 (e modificacións), establecen as características dos aceites de oliva, os seus métodos de análises e condicións de calidade.

Esta calidade pode verse afectada por múltiples factores asociados á súa degradación e envellecemento durante os procesos de produción, distribución e almacenamento, sendo fundamental un coñecemento e control exhaustivo destes factores para o mantemento dos parámetros de calidade. Así mesmo, posibles adulteracións ou prácticas fraudulentas como as mesturas con aceites doutra natureza ou con aceites desodorizados por quecemento, afectan á seguridade, integridade e calidade deste produto.
 
O obxectivo desta liña é, por tanto, desenvolver métodos de rutina capaces de detectar e cuantificar a perda de calidade derivada de diversos procesos de degradación dos aceites asociados ao seu envellecemento ou pola utilización de mesturas e aceites desodorizados por procedementos térmicos en prácticas fraudulentas.
  
O Cetal desenvolve esta investigación en colaboración co grupo LPF-TAGRALIA da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e a colaboración do CEIGRAM (UPM), realizando ensaios de quecemento, envellecemento e degradación de aceites mediante o emprego de técnicas de Espectroscopía Óptica, Fluorescencia, NIRS, VIRS e Resonancia Magnética Nuclear (RMN).
 

 
 
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO