Control de calidade do aceite de oliva Contexto e Obxectivos




España é a primeira produtora mundial de aceite de oliva sendo un sector crave no sistema agroalimentario español. A Unión Europea e o Consello Oleícola Internacional establecen normativamente a definición dos distintos tipos de aceites, as súas categorías de calidade e os seus métodos de análises, fundamentais para evitar fraudes e adulteracións.

Desde a Unión Europea presentouse un Plan de Acción sobre o sector no que se contempla a necesidade de mellorar ao cumprimento e control dos criterios de calidade (químicos, organolépticos e de autenticidade) que se consideran un dos principais factores de risco de perda de mercados, e á vez de potencial para abrir outros novos.

Desde o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA) e o sector oleícola vese necesario incorporar novos métodos de análises que incrementen a obxectividade e precisión das determinacións, fortalecendo as garantías de calidade do aceite de oliva e reducindo a posibilidade de prácticas fraudulentas.

Por todo iso o Cetal iniciou en 2012 una das súas liñas de actuación prioritarias orientada á calidade do Aceite de Oliva, con dúas liñas de investigación:

- Desenvolver un método instrumental para a caracterización e diferenciación das categorías do aceite de oliva (extra, virxe e lampante).
- Desenvolver tecnoloxías rutineiras que permitan determinar e cuantificar a perda de calidade do aceite de oliva virxe por envellecemento e as fraudes de calidade por quecemento de aceites.
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO