Sector Lácteo Indicadores do sector lácteo

Con periodicidade mensual, o CETAL presenta dous informes de elaboración propia, centrados no Sector Lácteo Vacún. Un primeiro avance específico, cos prezos do leite pagados ao productor, publicarase na primeira semana de cada mes, en tanto que o informe completo publicarase na última semana.

Os indicadores seleccionados para a elaboración dos informes pretenden, na medida do posible,  ofrecer información e análises non redundantes con outros documentos semellantes emitidos por distintos organismos. Entre estos indicadores podemos suliñar:
  • os prezos do leite estandarizados (e polo tanto, comparables) nas distintas comunidades autónomas, analizando cales son os factores que inflúen na conformación de ditos prezos;
  • os fluxos do leite a través dos eslabóns da cadea de valor, cos seus prezos respectivos e series históricas;
  • os balances do comercio exterior a a súa análise comparado cos países de referencia para o sector lácteo español.
Con esta iniciativa o CETAL pretende contribuír a profundizar na transparencia sectorial como elemento fundamental para o avance no equilibrio da cadea de valor do leite.
 
A continuación pódense descargar os últimos informes publicados:
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO