Sector Lácteo Colaboracions
INTERPROFESIONAL LÁCTEA

A Fundación Cetal mantén vixente un Convenio Xeral de colaboración coa Interprofesional Láctea (INLAC), organización interprofesional que engloba a todo o sector lácteo de España e que ha de promover estratexias que aseguren a sustentabilidade integral do sector. Tras a aprobación polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente da nova extensión de norma para o sector lácteo e unha vez ratificado o plan estratéxico por parte da Interprofesional Láctea, estanse a estudar novas posibilidades de colaboración entre ambas as entidades, no marco da optimización do coñecemento e da transparencia informativa do sector lácteo, así como a potenciación da calidade e innovación tecnolóxica do mesmo.

AULA DE PRODUCTOS LÁCTEOS Y TECNOLOGÍA DE LOS ALIMENTOS (USC)

O Cetal asinou varios acordos de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. En relación co APLTA asináronse dous convenios ao obxecto de regular o uso de certas infraestruturas compartidas e establecer un marco de colaboración para o emprego óptimo e eficiente de certas instalacións do Cetal. Ademais, ambas as entidades teñen o obxectivo de seguir fomentando a colaboración entre os dous centros e establecer así sinerxias para a execución de proxectos de investigación e/ou a prestación de servizos ás empresas do sector lácteo.
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO