Sector Lácteo Productos lácteos sostenibles
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e as industrias de produción e elaboración de produtos lácteos así como as empresas da distribución asinaron o 12 de febreiro de 2013 o Convenio para a Implantación e Desenvolvemento do programa "Produtos Lácteos Sustentables" (PLS).
 
O Convenio persegue evitar a destrución de valor, por depreciación do produto, ao longo de toda a cadea de valor, obrigándose as partes para colaborar a favor do sector lácteo español para lograr un funcionamento eficiente e sustentable da cadea de valor garantindo a sustentabilidade do sector a longo prazo. Como compromiso básico para a adhesión ao programa PLS establécese a identificación da orixe española do leite nos envases nos que figure o logotipo PLS.
 
A proposta do MAPAMA, o Cetal converteuse na entidade encargada do deseño do logotipo, a elaboración do Regulamento de Uso e o rexistro da marca de garantía “PLS Productos Lácteos Sostenibles ¡en beneficio de todos!”, sendo actualmente o titular da mesma.
 
Máis información na seguinte ligazón
 
Ata o momento, autorizáronse a empregar a devandita marca de garantía a 17 industrias lácteas, 7 operadores de distribución e 3 operadores do sector lácteo. Paralelamente, fóronse deseñando campañas publicitarias para dar a coñecer o selo PLS a través dos distintos medios de comunicación e outros elementos publicitarios.
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO