Sector Lácteo Contexto e Obxectivos
O sector lácteo é un alicerce básico na economía agraria e rural de España, en particular en Galicia e de forma específica na provincia de Lugo, na que está radicado o Cetal. Así, sinalar que na actualidade  Galicia achega o 37% do leite producido en España e faio a través das entregas das súas aproximadamente 9.000 explotacións que supoñen o 56% das existentes en España. E neste contexto, Lugo é a provincia española con maior produción de leite. 
 
Conscientes desta situación, o Cetal considera importante  contribuir a mellorar a transparencia ao longo de toda a cadea de valor, para lograr unha transferencia de valor no sector lácteo máis equilibrada, que garanta a sustentabilidade e o futuro do conxunto dos operadores do sector lácteo.
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO