Actualidade
O LSA-Cetal solicita a avaliación por parte de ENAC
xoves, 09 de febreiro de 2017

A acreditación realízase en base á norma UNE-EN ISO/IEC 17025: “Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e de calibración”

O CETAL solicitou á Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) a acreditación de varias das técnicas que emprega o Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL), baixo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025: Requisitos xerais para a competencia dos laboratorios de ensaio e de calibración”.
 
En concreto, solicitouse a acreditación en Produtos vexetais: Froitas, verduras e hortalizasutilizando as seguinte técnicas de ensaio:
  • Investigación Listeria monocytogenes mediante Inmunofluorescencia (ELFA).
  • Investigación Salmonella mediante Inmunofluorescencia (ELFA)
  • Investigación Salmonella spp. mediante método horizontal
  • Investigación Salmonella por PCR en tempo real
  • Reconto Escherichia coli
  • Investigación Escherichia coli produtor de verotoxinas (VTEC)
 
ENAC é a entidade designada polo Goberno para operar en España como o único Organismo Nacional de Acreditación, en aplicación do Regulamento (CE) nº 765/2008 que regula o funcionamento da acreditación en Europa.
 
A acreditación por ENAC permitirá demostrar a competencia técnica do LSA-CETAL nas actividades do alcance e garantir a súa suxeición a normas de calidade de carácter internacional.
 
A acreditación dos laboratorios do CETAL encádrase dentro do proceso de acreditación  como Laboratorio Nacional de Referencia en todas as actuacións de control oficial, no ámbito do Programa de Control Oficial da Produción Primaria Agrícola, nas que sexa necesario analizar mostras de calquera tipo de produto vexetal, chan ou auga, en relación con Salmonella, Listeria monocytogenes e Escherichia coli, incluída a E. coli verotoxigéncia (VTEC).











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO