Actualidade
O Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Arias Cañete, inaugura o edificio do CETAL
mércores, 06 de febreiro de 2013

O Ministro percorreu as instalacións acompañado do Director General da Fundación, o Delegado do Goberno e o Subdelegado en Lugo, a Conselleira de Medio Rural e do Mar e o Alcalde de Lugo, entre outras autoridades. 

O ministro de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, inaugurou o luns 4 de febreiro o edificio do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), situado no barrio de San Fiz.
 
Tras descubrir a placa conmemorativa da inauguración, o ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente realizou un percorrido polas instalacións, acompañado do Director General da Fundación CETAL, Javier López Viana; o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o Subdelegado en Lugo, Ramón Carballo; a Conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana; e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, entre outras autoridades.
 
O edificio do CETAL conta cunha superficie útil de ao redor de 2400 metros cadrados, que se dividen nunha zona para uso administrativo e outra que se proxecta destinar a plantas piloto e laboratorios.
 
As instalacións estruturaranse para permitir ao CETAL pór en marcha liñas de traballo acordes co seu Plan de actuación 2013, deseñado co obxectivo de situalo como centro agroalimentario de referencia en España.





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO