Actualidade
O CETAL celebrará unha xornada técnica sobre vida útil dos alimentos e análises de microorganismos en industria agroalimentaria.
mércores, 01 de marzo de 2017

A xornada realizarase o próximo 30 de marzo en colaboración coa empresa BIOSER, S.A.
 
O Cetal e a empresa Bioser S.A. programaron unha xornada técnica a celebrar o próximo 30 de marzo baixo o título: “Vida útil dos alimentos e novidades na análise de microorganismos en industria agroalimentaria”
 
Esta xornada encádrase como unha colaboración máis entre o CETAL e BIOSER, S.A., empresa familiar dedicada á venda de solucións fiables e rendibles e asesoramento para o control de calidade nos sectores agroalimentario, ambiental e sanidade.
 
A xornada está dirixida principalmente a empresas de industria e produción (Directores de Áreas de Calidade, Seguridade Alimentaria, Innovación e Produción), Empresas de gran distribución e Administracións Públicas.
 
O interese da xornada radica na necesidade por parte das empresas que operan no sector alimentario de levar a cabo estudos de vida útil, que proporcionen unha información obxectiva da duración real dos produtos alimenticios que elaboran.
 
Na xornada intervirán:
  • Yolanda Fernández Velilla, Enxeñeira Superior Agrónomo de Bioser, con máis de 10 anos de experiencia como Responsable Técnico Comercial en Control de Calidade e Seguridade Alimentaria na zona Noroeste de España.
  • Alicia Jiménez Manso, Licenciada en Veterinaria en 1987 pola UCM. Responsable do programa de Industrias Cárnicas durante cinco anos na Comunidad de Madrid. Actualmente responsable do Programa de Control de Contaminantes Biolóxicos na Subdirección Xeral de Hixiene e Seguridade Alimentaria da DG de Ordenación e Inspección da Comunidad de Madrid.
  • Belén Álvarez Río, Sales Specialist 3M Seguridad Alimentaria/Food Safety Division.
 
Nunha primeira parte da xornada Alicia Jiménez precisará o concepto de “estudo de vida útil” e detallará os diferentes tipos de estudos de vida útil de interese para o sector agroalimentario.
 
Posteriormente Belén Álvarez centrarase nas novidades na análise de microorganismos en industria agroalimentaria.
 
Para finalizar, farase unha breve presentación do equipamento e técnicas dispoñibles no LSA-CETAL para levar a cabo estudos de vida útil e realizarase unha visita guiada aos laboratorios do centro.
 
O programa da xornada pódese ver nesta ligazón: Programa
A inscrición pódese realizar nesta ligazón: Inscrición
 





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO