Actualidade
O CETAL participa nun exercicio de intercomparación de análise de Salmonella dentro do Programa FAPAS
luns, 09 de xaneiro de 2017

Os exercicios organizados por Fera Science Ltd. son necesarios para avaliar a competencia técnica do Laboratorio. O CETAL obtén excelentes resultados en todas as analíticas realizadas.
 
Dentro do proceso de Acreditación segundo a norma ISO/IEC 17025 no que se atopa inmerso o LSA-CETAL, o Laboratorio está a participar en distintos programas de intercomparación (ensaios de aptitude).
 
Recentemente participou nos ensaios de aptitude do programa FAPAS®, organizado por Fera Science Ltd. “The Food and Environment Research Agency (FERA)”, axencia executiva do Departamento de Alimentación, Medio e Asuntos Rurais do goberno británico (DEFRA). Fera Science Ltd. estivo na vangarda da provisión de servizos de Ensaios de aptitude internacionais desde 1990. Actualmente é provedor líder mundial de programas de intercomparación, mostras de control de calidade e materiais de referencia no sector alimentario. O programa FAPAS® está acreditado por UKAS-United Kingdom Accreditation Service de acordo coa norma ISO 17043:2010.
 
Concretamente, o LSA-CETAL participou no exercicio “Food Microbiology Proficiency Test M218d072 Salmonella spp. & Salmonella spp. in Salad with Sprouting Seeds”, cuxo obxectivo é a detección de cepas de Salmonella spp. en ensaladas con sementes germinadas. O CETAL analizou as mostras obxecto do estudo, mediante métodos fenotípicos e genotípicos, utilizando técnicas incluídas no alcance da acreditación do LSA-CETAL.
 
Os resultados obtidos remitíronse a Fera Science Ltd.  no Reino Unido, que levou a cabo os estudos intercomparativos e unha avaliación individual dos mesmos. No informe final detállase que en todas as analíticas realizadas polo LSA-CETAL obtivéronse resultados satisfactorios.











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO