Actualidade
O CETAL participa por segunda vez nos test internacionais de intercomparación de análise de E. coli
luns, 21 de novembro de 2016

Os test englóbanse nun estudo coordinado polo Laboratorio de Referencia Europeo de ECVT (EU-RL VTEC), no que toman parte os laboratorios de análises de E. coli máis prestixiosos de Europa.
 
O LSA-CETAL está a participar no “18th inter-laboratory study (PT18)”, un estudo intercolaborativo coordinado polo Laboratorio de Referencia Europeo de ECVT (EU-RL VTEC). A finalidade deste estudo é a identificación e tipificación de cepas de E. coli Verotoxigénicas (ECVT), así como doutras cepas patóxenas: E. coli Enteropatogénico (ECEP), E. coli Enteroagregativo (ECEA), E. coli Enterotoxigénico (ECET) y E. coli Enteroinvasivo (ECEI). Estes tipos patóxenos de E. coli son causas ben coñecidas de diarrea infantil e do viaxeiro, pero tamén se notificaron en casos esporádicos e brotes transmitidos por alimentos en países industrializados, polo que é de gran importancia identificar e caracterizar perfectamente as súas cepas.
 
O LSA-CETAL xa realizou as análises tanto fenotípicos como moleculares para a caracterización e serotipado das cepas de E. coli e os resultados xa foron remitidos ao EU-RL VTEC.
 
Coa participación nestes test internacionais, o LSA-CETAL continúa a súa actividade nesta materia perfeccionando as súas técnicas e, ao mesmo tempo, referenciando os seus resultados xunto cos dos laboratorios europeos máis recoñecidos.












voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO