Actualidade
A xornada do CETAL reúne a unha vintena de entidades lucenses do sector agroalimentario
mércores, 28 de setembro de 2016

Os asistentes resolveron dúbidas sobre os novos requisitos dos certificados veterinarios de exportación de produtos alimentarios.

 
Esta mañá desenvolveuse no Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo unha xornada informativa organizada co obxectivo de ofrecer asesoramento sobre os requisitos da certificación veterinaria oficial para a exportación de alimentos para consumo humano que entraron en vigor o 1 de marzo deste ano.
 
A formación, centrada no sistema auditado de autocontrois específicos (SAE) necesario para exportar, directamente ou a través de operadores comerciais, a países que esixen unhas condicións diferentes ás establecidas na UE ou que solicitan unha lista específica de exportadores autorizados, foi impartida polo xefe de área da Subdirección General de Acuerdos Sanitarios y Control en Frontera do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Jorge Juste Ortega, así como por Enrique José Liñares Iglesias, xefe de sección provincial da Unidade de Agricultura da Subdelegación do Goberno en Lugo. Así mesmo asistiron técnicos da unidade responsable da inspección en sanidade animal na Coruña: Sara Álvarez, Ana Tubío e Carlos Redruello,.
 
O público, integrado por representantes de empresas da provincia dedicadas á produción agraria, especialmente dos sectores lácteo e cárnico, así como de asociacións como Agaca e Ovica e entidades como Xenética Fontao, interesouse polos sistemas de autocontrol esixidos ás empresas exportadoras, as atestacions sanitarias previas para documentar os requisitos dos certificados e o uso da nova plataforma de comercio exterior CEXGAN, entre outras cuestións.
 










voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO