Actualidade
O programa Labranza da TVG emite unha reportaxe sobre a actividade do Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL
domingo, 28 de febreiro de 2016

A reportaxe destacou que o CETAL será referencia nacional no control microbiolóxico dás producións agrarias.
O espazo informativo "Labranza", dentro da programación matinal da Televisión de Galicia, emitiu o 28 de febreiro unha reportaxe sobre a actividade do Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL (LSA-CETAL):
 

De forma máis ampla que a reportaxe emitida polo programa O AGRO do 19 de febreiro, o programa LABRANZA centrouse na futura designación do CETAL como centro nacional de referencia para os controis microbiolóxicos da produción primaria agrícola, controis que buscan garantir a inocuidade dos alimentos que se producen en cada estado membro da Unión Europea, resaltando por iso a súa gran utilidade para previr e solucionar eventuais crises alimentarias.
 
As investigadoras do LSA-CETAL, Ania Pino e Inmaculada Fernández, destacaron que as técnicas de xenética molecular utilizadas na detección de contaminación microbiolóxica permiten facer un diagnóstico moi preciso e específico.
 
O director xeral do CETAL, Javier López Viana, explicou que o laboratorio de seguridade alimentaria do CETAL xa fixo un primeiro traballo para o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente: un estudo pioneiro en España no que se analizaron 300 mostras de tomates, leitugas e cogombros procedentes das rexións de Murcia e Andalucía. Estas técnicas innovadoras que aplica o LSA-CETAL tamén están a disposición do sector privado na posta en marcha de proxectos de I+D que permitan mellorar a súa competitividade así como ao servizo das empresas agroalimentarias para que poidan contratar analíticas específicas.
 
O director xeral tamén fixo referencia a que o CETAL, ademais do laboratorio de seguridade alimentaria, ten en marcha outras liñas de investigación relacionas cos sectores lácteo e do aceite de oliva, así como outras posibilidades do centro como referente no sector agroalimentario.











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO