Actualidade
O CETAL e a Interprofesional Láctea asinan un convenio para avanzar no desenvolvemento do sector lácteo español
xoves, 17 de outubro de 2013

En virtude do novo acordo, o CETAL realizará un estudo de viabilidade da implantación dun sistema integral de autocontrol no sector lácteo. 

O presidente da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), José Luís Antuña Álvarez, e o Director General da Fundación Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Javier López Viana, asinaron esta mañá un convenio de colaboración segundo o cal o CETAL comprométese á realización dun estudo de viabilidade que permita identificar e definir un sistema integral de autocontrol no sector lácteo español, para a súa posterior implementación.
 
A firma deste acordo tivo lugar na sede do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, no marco do II Foro de Debate do Sector Lácteo Español organizado pola INLAC para analizar a situación actual e as estratexias a seguir polos operadores da cadea de valor do leite.
 
O estudo do CETAL abordará a visión respecto dos factores que xustifican a necesidade dos sistemas de autocontrol (calidade, fraude, competencia desleal,...); a percepción que existe sobre éstes como ferramenta de apoio á competitividade do sector; os puntos débiles dos mecanismos de control e autocontrol existentes e os factores limitantes da viabilidade da implantación deste tipo de sistemas.
 
O plan de traballo marcado será supervisado por unha comisión técnica e levarase a cabo nos próximos meses, con remate previsto para o 28 de febreiro de 2014.






voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO