Actualidade
O Cetal acolle a primeira xornada de divulgación do sistema de autoavaliación da sustentabilidade das industrias agroalimentarias (e-siab) impulsado polo Magrama
venres, 08 de abril de 2016
 
Estas xornadas, organizadas polo Magrama, teñen entre os seus principais obxectivos contribuír ao desenvolvemento e execución de prácticas sustentables nas industrias agroalimentarias, en vertentes ambiental, social e económica.

 
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente iniciou cunha primeira xornada de divulgación da ferramenta de autoavaliación da sustentabilidade na industria agroalimentaria, denominada e-SIAB, celebrada na sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), unha serie de sesións prácticas que se enmarcan entre as actuacións para favorecer o desenvolvemento das pemes agroalimentarias a través da información e formación. Na inauguración da mesma participaron a subdirectora adxunta de Fomento Industrial e Innovación do Ministerio, Ana Rodríguez Castaño, e o director xeral do Cetal, Javier López Viana.
 
As xornadas de divulgación son unha oportunidade para compartir coas pemes agroalimentarias de distintas zonas de España as iniciativas desenvolvidas desde o MAGRAMA para mellorar a sustentabilidade das industrias alimentarias e, en particular e-siab. Programáronse tres Xornadas no primeiro semestre deste ano, en CETAL celebrada no día de hoxe, en CNTA (Navarra) na primeira semana de maio e en ADESVA (Huelva) na primeira semana de xuño.
 
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través da Dirección Xeral da Industria Alimentaria e no marco do “Programa para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria” vén desenvolvido, con enfoque coherente, distintos instrumentos e ferramentas orientadas a mellorar a sustentabilidade da industria agroalimentaria, fomentando a eficiencia e a creación de valor sempre a través dunha mellora as tres vertentes ambiental, social e económica.
 
Este Programa exponse en liña con outras estratexias nacionais e comunitarias, como a Estratexia Europea “Europa 2020” ou a programación de desenvolvemento rural para o período 2014-2020 e pon a disposición da industria agroalimentaria española, tres ferramentas básicas para que poidan adaptarse a un futuro que necesariamente demandará sustentabilidade:
 
A primeira ferramenta é a páxina Web redsostal.es. Esta plataforma de sustentabilidade está a facer de ponte e fomentando o contacto entre empresas e entidades públicas relacionadas ou implicadas no sector da industria agroalimentaria. Desta maneira, mellórase o coñecemento das posibilidades que a sustentabilidade integral ofrece ao noso sector.
 
O segundo instrumento, de xestión empresarial, para que cada unha das empresas poidan avaliar a súa sustentabilidade integral de partida e poida mellorala dentro dun proceso de mellora continua. Denomínase e-SIAB (ferramenta de valoración da sustentabilidade). A ferramenta lanzouse en 2014, optimizouse ao longo de 2015 coa realización de probas piloto en industrias e a súa difusión potenciarase a través do desenvolvemento destas xornadas prácticas.
 
O terceiro elemento elaborado coa participación AENOR, foi a redacción dun decálogo voluntario de sustentabilidade integral da industria alimentaria. O decálogo pretende ser o xerme dun conxunto de regras que se consideren de referencia para a actividade agroalimentaria industrial sustentable. O texto final será feito público en próximas datas.
 
É o segundo elemento, a ferramenta de autoavaliación da sustentabilidade na industria agroalimentaria, denominada e-SIAB, a que centrou a xornada na que participaron pemes da zona próxima ao Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL). O obxectivo é incrementar o número de empresas concienciadas en materia de sustentabilidade integral e en definitiva mellorar as condicións ambientais, sociais e económicas do sector, fomentando a eficiencia dos recursos e a creación de valor.
 
Esta ferramenta e-SIAB permite ás industrias e cooperativas, obter un perfil inicial mediante a valoración cualitativa da súa sustentabilidade integral (ambiental, social e económica).  Así mesmo, esta xornada serviu de foro para a presentación dun novo desenvolvemento, un módulo de recomendacións.
 
Con este traballo, unido a outras moitas iniciativas do Ministerio, continúase apostando por un sector agroalimentario que sexa competitivo, poida gañar novos mercados e logre un maior crecemento sustentable. 
 
Toda a información sobre o “Programa para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria” e as xornadas pode consultarse en:
 











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO