Actualidade
O programa O Agro da TVG emite unha reportaxe sobre a actividade do Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL
venres, 19 de febreiro de 2016
 
A reportaxe destacou que o CETAL será referencia nacional no control microbiolóxico dás producións agrarias.
 

O espazo informativo “O Agro”, dentro da programación matinal da Televisión de Galicia, emitiu o 18 de febreiro unha reportaxe sobre a actividade do Laboratorio de Seguridade Alimentaria do CETAL (LSA-CETAL), o cal se pode ver na seguinte  LIGAZÓN.
 
 A reportaxe centrouse na futura designación do CETAL como centro nacional de referencia para os controis microbiolóxicos da produción primaria agrícola, controis que buscan garantir a inocuidade dos alimentos que se producen en cada estado membro da Unión Europea, resaltando por iso a súa gran utilidade para previr e solucionar eventuais crises alimentarias.












voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO