Actualidade
Unha trintena de investigadores fórmanse no CETAL en novas técnicas de análises microbiolóxicos para a industria alimentaria
xoves, 26 de novembro de 2015
 
O seminario, organizado por Bioser, celebrouse esta mañá nas instalacións do Centro.
 
 
A sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo acolleu hoxe o seminario titulado “Técnicas de análises microbiolóxica: optimización de custos e do tempo en industria alimentaria”, unha actividade promovida pola empresa Bioser co apoio do CETAL, entre outras entidades.
 
Os asistentes descubriron novos métodos para reducir custos e aproveitar mellor o tempo na realización deste tipo de análises microbiolóxicas demandadas pola industria alimentaria para garantir a inocuidad en materias primas, en produtos finais e en superficies en contacto cos alimentos. 
 
Nas sesións, de carácter teórico e práctico, os técnicos de Bioser abordaron a optimización dos recursos existentes tanto no control de patóxenos alimentarios como na xestión dos alérxenos.







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO