Actualidade
O CETAL acolle un taller de xestión de persoas para empresas agroalimentarias, biotecnolóxicas e do sector da biomasa.
venres, 16 de outubro de 2015
 
O seminario celebrouse hoxe no marco do Programa AgroBiotech Innovación e xuntou unha vintena de participantes.
 
 
O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo recibiu esta mañá a representantes das 20 empresas inscritas no taller “Xestión de persoas”, que impartiron Carmen Branco e Helena Fernández, da consultoría Equaltecnia. Durante a xornada, de carácter práctico, os asistentes formáronse en dinámicas de grupos e na mellora da dirección e o liderado dos equipos de traballo.
 
Este é o segundo taller que se ofrece no CETAL dentro do Programa AgroBiotech Innovación para que as empresas dos sectores da agroalimentación, a biotecnoloxía e a biomasa potencien o desenvolvemento de novos produtos e servizos, o establecemento de relacións comerciais e a transferencia de información.
 
As próximas actividades que se celebrarán neste ámbito serán a V Lonxa de Financiamento Bio, o 22 de outubro, no propio CETAL, para a que están abertas as inscricións (info@bioga.org / tfno. 881 120 459), e o Encontro AgroBiotech Innovación, o 26 e o 27 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia , cuxa información está dispoñible en http://www.agrobiotechinnovacion.es/gl/web/agrobiotech/encontro.








voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO