Actualidade
O CETAL conclúe a segunda fase de dotación de equipamento específico do Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL)
martes, 26 de maio de 2015

Con este equipamento, o LSA-CETAL dispón da infraestrutura necesaria para a detección e caracterización dos diferentes patóxenos de transmisión alimentaria, empregando as técnicas analíticas máis novas.
 
A finais de 2014, o CETAL contratou a segunda fase de dotación de equipamento específico do Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL), co obxecto de ter a infraestrutura necesaria para a detección e caracterización molecular dos diferentes tipos de microorganismos patóxenos illados nas mostras alimentarias que se procesen no citado laboratorio. Este equipamento foise fornecendo ao longo dos primeiros meses de 2015 e, con iso, completouse a dotación prevista dentro da área de Seguridade Alimentaria.
 
En concreto, os principais equipos fornecidos son:
  • Sistema de espectrometría de masas Maldi-Tof
  • Equipo automático para detección de patóxenos
  • Sistema de xenotipado microbiano de bacterias e fungos con sistema de extracción de ADN
  • Plataforma robotizada de extracción e purificación de ácidos nucleicos
  • Equipo de cuantificación específica de ácidos nucleicos
  • Equipo de secuenciación masiva de ácidos nucleicos
  • Lector de placas
  • Termociclador Real Time PCR
  • Termomezclador refrigerado
  • Vortex para disrupción celular
  • Espectrofotómetro para a medición de concentración e pureza de DNA, RNA e péptidos
     
O custo deste investimento é próxima aos 400.000 €.
 
Este equipamento permite ao CETAL dispoñer de tecnoloxía de alta precisión e especificidade, para a detección e caracterización dos diferentes patóxenos de transmisión alimentaria, empregando as técnicas analíticas máis novas nesta materia: métodos de inmunoensaio, de espectrometría de masas ou caracterización molecular de cepas mediante a utilización das metodoloxías máis vangardistas de análises do ADN (REP-PCR, RT-qPCR, secuenciación completa do xenoma bacteriano, etc.).
















voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO