Actualidade
O CETAL participa na organización do Encontro Agrobiotech Innovación
luns, 14 de setembro de 2015

O Encontro celebrarase os días 26 e 27 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia de San Cibrao das Viñas (Ourense)

 
O Encontro Agrobiotech innovación é unha acción do Programa Agrobiotech Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do Parque Tecnolóxico de Galicia. Nel daranse cita as empresas demandantes e oferentes de produtos, servizos ou tecnoloxías, a Administración autonómica, os clústers, as asociacións e os centros tecnolóxicos máis relevantes nos sectores de biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa, co obxectivo principal de xerar un contacto inicial entre empresas compradoras e vendedoras, de modo que se xeren sinerxias positivas de negocio para ambas as partes: captar novos clientes, coñecer novos provedores, abrir novos mercados, identificar socios comerciais, financeiros ou industriais, entender as prioridades e necesidades da administración galega, etc.
 
O programa de actividades inclúe:
  • Mesas, relatorios e talleres sectoriais
  • Reunións one to one (habilitarase unha ferramenta na web do programa para axendar estas reunións particulares cos provedores e clientes target de interese)
  • Área de exposición gratuíta
  • Road show de proxectos bio para a procura de investidores: espazo onde os emprendedores poidan presentar nun formato áxil de 10 minutos os seus proxectos a potenciais investidores
  • Espazo de networking para favorecer os contactos profesionais e institucionais
  • Relatorios dos axentes galegos de innovación
  • Área multimedia
  • Visitas guiadas a empresas e centros tecnolóxicos
 
Máis información
http://www.agrobiotechinnovacion.es
encuentro@agrobiotechinnovacion.es


Folleto 


Inscrición




voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO