Actualidade
O CETAL acolle dous talleres do Programa Agrobiotec Innovación
venres, 25 de setembro de 2015

Os talleres que se están a desenvolver en Lugo están enfocados a mellorar as capacidades de comunicación e a xestión de persoas.
 
Hoxe comezaron en Lugo as actividades transversais de capacitación empresarial previstas no Programa Agrobiotech Innovación, promovido por GAIN e dirixido aos sectores de biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.
 
Estas actividades gratuítas teñen o obxectivo de achegar coñecemento en cuestións clave para acelerar o modelo de negocio das empresas galegas.
 
As sedes da celebración destas accións formativas son o Tecnópole (Edificio CEI-Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas s/n, Ourense) e o CETAL (r/ Montirón 154, Lugo).
 
Na sede do CETAL, en Lugo, desenvolveranse os talleres “Capacitación en habilidades de comunicación en presentacións” e “Xestión de persoas”.
 
O primeiro deles está estruturado en dúas xornadas de 8 e 6 horas nas que os participantes aprenderán a preparar a súa presentación, descubrirán a importancia nas presentacións do “corpo, a cabeza e o corazón” para chegar a súa audiencia e adestrarán a comunicación corporal.
 
No segundo taller os participantes poderán reparar, reforzar ou transformar as súas habilidades na xestión de persoas a través de dinámicas de grupos, simulacións, casos prácticos e outras actividades, sobre todo a través da súa reflexión e compromiso para mellorar e adestrar “o cando e como” dirixir, mandar, xestionar e liderar persoas.
 
CALENDARIO DE TALLERES
 
DATAS ACCIÓN SEDE
18 de setembro Design Thinking Tecnópole
25 de setembro /             2 de outubro Habilidades de comunicación en presentacións CETAL
9 de outubro Solución creativa de problemas Tecnópole
16 de outubro Xestión de persoas CETAL
30 de outubro Como preparar unha estratexia de internacionalización Tecnópole
6 e 20 de novembro /       4 de decembro Formación e capacitación comercial Tecnópole
13 de novembro Propiedade industrial e intelectual Tecnópole
13 de novembro Incentivos fiscais I+D+I Tecnópole
 
 
Máis información
talleres@agrobiotechinnovacion.es
http://www.agrobiotechinnovacion.es
 










voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO