Actualidade
O CETAL avanza na execución e programación dos traballos do Plan de actuación 2013
mércores, 26 de xuño de 2013
 
O 26 de Xuño o CETAL celebrou unha reunión do seu Padroado presidida polo Director Xeral da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, D. Fernando José Burgaz Moreno.

O 26 de Xuño o CETAL celebrou unha reunión do seu Padroado presidida polo Director General da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, D. Fernando José Burgaz Moreno. 

Durante a reunión, o Director General, D. Javier López Viana, expuxo o estado de execución e a programación dos traballos para cada unha do catro liñas prioritarias fixadas no plan de actuación 2013:
 
-          Sector Lácteo
-          Control da Calidade do Aceite de Oliva
-          Seguridade alimentaria
-          Mellora xenética
 
A continuación enuméranse as actividades realizadas dentro de cada unha das liñas prioritarias
 
1.      SECTOR LÁCTEO
·      Convenio xeral de colaboración entre a Interprofesional Láctea (INLAC) e a Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL):
 
-          Dentro das actividades programadas no sistema de extensión de norma do sector lácteo, en marzo de 2013 INLAC solicitou a CETAL unha proposta técnica para elaborar o "Estudio de viabilidad de la implantación de un Sistema Integral de Autocontrol en el Sector Lácteo Español". Esta proposta xa foi elaborada e remitida a INLAC cun calendario previsto para a súa execución que comprende o período Xullo-Novembro 2013.
 
·      "Observatorio Nacional de Precios en el Sector Lácteo":
 
-          Na reunión do Padroado de 4 de febreiro de 2013, a proposta do Presidente, acórdase que sexa o CETAL en colaboración co MAGRAMA, o organismo encargado da realización do "Observatorio Nacional de Precios en el Sector Lácteo", parala elaboración sistemática da información de toda a cadea de valor deste sector. Esta medida inclúese dentro do "Convenio de colaboración para la mejora de la eficiencia de las cadenas de valor y comercialización de la leche y los productos lácteos", subscrito o pasado mes de setembro polo Ministerio e as diferentes asociacións da distribución (ANGED, ASEDAS E ACES), a Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), Cooperativas Agro-Alimentarias de España, e a Asociación Agraria de Novos Agricultores (ASAJA).
 
-          En febreiro de 2013, a SG de Estrutura da Cadea Alimentaria (MAGRAMA), solicitou do CETAL a elaboración dunha metodoloxía para a xeración, con periodicidade mensual e trimestral, de dous informes referentes aos prezos do leite e produtos lácteos nos distintos elos da cadea de valor. En maio de 2013, remitiuse ao MAGRAMA o modelo de informe mensual provisional, pendente da resolución de distintas cuestións técnicas, que actualmente se están revisando co Ministerio.
 
·      "Programa de Produtos Lácteos Sostenibles":
 
-          En febreiro de 2013, o MAGRAMA asinou coas grandes empresas da distribución e os principais industriais do sector lácteo, o "Convenio para la implantación y desarrollo de un programa de Productos Lácteos Sostenibles (PLS)". Entre as actuacións contempladas neste plan, incluíase o lanzamento dun logotipo coa denominación "Productos Lácteos Sostenibles" para trasladar ao conxunto dos consumidores o compromiso de industriais e distribuidores a favor da sustentabilidade do sector lácteo.
 
-          A proposta do MAGRAMA, no mes de marzo, o CETAL convértese no organismo encargado do deseño, xestión e explotación do logo PLS, así como da elaboración do regulamento de uso correspondente en colaboración coa SG de Estructura de la Cadena Alimentaria. Xestiónase o proceso de confección do logotipo e, o 16 de maio, solicítase á Oficina Española de Patentes e Marcas o rexistro da marca de garantía "Productos Lácteos Sostenibles"  Na actualidade, e a medida que as distintas empresas vaian sendo autorizadas, coordinarase a implementación do logo nos seus produtos.
 
2.      CONTROL DA CALIDADE DO ACEITE DE OLIVA
·      Estudo e caracterización da calidade do aceite de oliva virxe mediante espectrometría de masas con axuste directo a espazo de cabeza (HS-MS) (ACEIMAS):
 
-          O obxectivo deste estudo é desenvolver un método instrumental rutineiro, preciso e económico e un modelo estatístico predictivo robusto e fiable para a caracterización e diferenciación das categorías do aceite de oliva (extra, virxe e lampante).
 
-        O 30 de maio de 2013, asinouse un convenio entre o MAGRAMA e o CETAL, para a consecución do devandito obxectivo e instrumentalizar entre ambos a colaboración en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico no sector do aceite de oliva.
 
·    Estudo de tecnoloxías instrumentais non destrutivas aplicadas á determinación da calidade (envellecemento e detección de aceites quentados) do aceite de oliva virxe (ACEITEC):
 
-          O obxectivo deste estudo é desenvolver tecnoloxías rutineiras que permitan determinar e cuantificar a perda de calidade do aceite de oliva virxe por envellecemento e as fraudes de calidade por quecemento de aceites.
 
-          Na actualidade o grupo LPF-TAGRALIA da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), está a realizar os ensaios de quecemento e envellecemento de aceite, de acordo ás especificacións incluídas no anexo técnico ao contrato entre CETAL-UPM asinado o 24 de outubro de 2012. Estes ensaios están a realizarse coa colaboración do centro de investigación IRSTEA - ITAP de Montpellier (Francia).
 
3.      SEGURIDADE ALIMENTARIA
·      Creación do laboratorio de seguridade alimentaria para o diagnóstico dos principais patógenos bacterianos de transmisión alimentaria (LSA-CETAL):
 
-          Tras a recepción definitiva do novo edificio do CETAL, iniciáronse os trámites para a instalación do laboratorio de seguridade alimentaria. Na actualidade, está a planificarse o estudo de necesidades específicas para o deseño, montaxe e instalación do mesmo. Preténdese realizar a execución da maior parte ao longo do presente ano.
 
-          O 25 de abril de 2013, remitiuse á DG de Sanidad de la Produción Agraria, o primeiro borrador para a realización do programa de monitoreo microbiológico na produción primaria de alimentos vexetais en España (tomates, pepinos e leitugas). Nestes momentos estamos á espera da proposta de protocolización da mostraxe a desenvolver polo equipo técnico do MAGRAMA.
 
4.      MELLORA XENÉTICA
 
·      Colaboración co MAGRAMA en materia de mellora xenética:
 
-          Na actualidade, tras diversas reunións coa DG de Produciones y Mercados Agrarios e coa SG de Medios de Produción Ganaderos, estamos pendentes do deseño e cronograma para 2014 das actuacións previstas.
 
 
Así mesmo, na reunión levouse a cabo o exame e aprobación das contas anuais e liquidación do orzamento correspondente ao exercicio 2012, así como o estudo e a aprobación do plan de actuación e orzamento para o exercicio 2014.
 
En canto ao Plan de investimentos presentado, cabe destacar que o  principal elemento investidor da Fundación para o período 2013-2014 será a reforma na área tecnolóxica, consistente en completar a construción, acondicionamento, dotación de mobiliario e equipamento analítico do Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL: 513,79 m2). A obra afecta a 6 locais: 3 en planta baixa e 3 en planta primeira
 
Tamén se deu a coñecer a situación actual do Proceso de Fusión CETAL-CTLácteo e o seguimento da Comisión CETAL- MAGRAMA- USC para a integración da aula de Produtos Lácteos (APL).





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO