Actualidade
O CETAL participa no XVII Simposium Científico-Técnico Expoliva
venres, 08 de maio de 2015

O técnico do CETAL Julián Alonso Díaz ofreceu unha conferencia sobre a caracterización da calidade do aceite de oliva mediante HS-MS, traballo que se enmarca nun proxecto de investigación do Centro.

O CETAL estivo presente onte no XVII Simposium Científico-Técnico Expoliva que se está celebrando en Xaén entre os días 6 e 9 de maio. O Centro participou no Foro da Industria, Tecnoloxía e Calidade Oleícola, dentro da área Temática Métodos complementarios ao Panel Test, cun relatorio de Julián Alonso Díaz titulada  “Caracterización de la calidad del aceite de oliva mediante HS-MS: espectrometría de masas con acoplamiento directo a espacio de cabeza”.

Con esta intervención, o CETAL deu a coñecer os resultados obtidos coa aplicación da técnica HS-MS, así como os avances actuais co novo enfoque analítico mediante metodoloxías de LC-MS (cromatografía líquida axustada a espectrometría de masas).

Estes traballos forman parte do proxecto ?Estudio y caracterización de la calidad del aceite de oliva mediante espectrometría de masas”, desenvolvido dentro da liña estratéxica da Fundación CETAL para o control da calidade deste produto. O devandito proxecto provén da firma dun convenio co Magrama en maio de 2013 e ten como obxectivo investigar a aplicación de técnicas instrumentais para a obtención de parámetros que permitan a clasificación e diferenciación efectiva do aceite de oliva virxes (virxe extra, virxe e lampante) como complemento ao panel test.







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO