Actualidade
O CETAL acolleu un taller sobre o programa AgroBiotech Innovación
mércores, 15 de abril de 2015
 
De carácter práctico, realizouse co fin de resolverlles dúbidas sobre o programa ás pemes interesadas en adherirse
 
O director da área de servizos da Axencia Galega de Innovación, José Manuel Abella Anido, deu a coñecer este mércores 15 de abril na sede do CETAL (c/ Montirón 154, Lugo), o programa "Centro de excelencia para o impulso do crecemento sustentable da peme innovadora galega: AgroBiotech Innovación". 

Este programa constitúe o plan de traballo que se vai a levar a cabo nas sedes do centro de excelencia AgroBiotech Innovación, CETAL e Parque Tecnolóxico de Galicia, coas pemes dos sectores agroalimentario, da biotecnoloxía e da biomasa que se incorporen ao proxecto.

O seu enfoque é fundamentalmente práctico, posto ten como obxectivo principal impulsar o despegamento das pemes participantes. Así, estará orientado a aumentar o seu potencial innovador, favorecer o desenvolvemento de novos produtos e servizos, establecer relacións con novos socios e facilitar a transferencia e o acceso de información entre empresas.

Cada peme recibirá un itinerario específico, elaborado por expertos, que incidirá nos aspectos vinculados á estratexia, a situación de mercado e o funcionamento organizativo, de modo que, tras o seu paso pola AgroBiotech, avancen no camiño da innovación, experimenten un crecemento significativo, posúan unha maior diversificación das súas vendas e incrementen a atracción de financiamento externo.

O prazo para solicitar a inscrición no programa AgroBiotech Innovación está aberto até o 22 de abril; as persoas interesadas en apuntar as súas pemes deberán cubrir un formulario que se atopa dispoñible na web do CETAL. Na xornada do 15 de abril resolveranse as posibles dúbidas en relación ao programa, entre outras, as referidas a como cumprimentar devandito formulario.

Se desexa máis información deste programa pique neste link.









voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO