Actualidade
Un proxecto do CETAL sobre produción ecolóxica en vacún leiteiro conclúe coa lectura dunha tese doutoral
venres, 12 de decembro de 2014
O proxecto “Situación nutricional del ganado vacuno lechero en producción ecológica en el Norte de España”, realizado polo Cetal en colaboración coa Facultade de Veterinaria de Lugo, foi a orixe da tese doutoral do investigador Francisco Rey Crespo, quen obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude.

Francisco Rey Crespo acaba de defender a súa tese doutoral “Estudio de macroalgas marinas como suplemento de minerales en vacuno de leche en régimen ecológico” que foi realizada en base ao proxecto de investigación que desenvolveu na súa etapa como como técnico veterinario no CETAL. Dita tese foi dirixida por por Dª Marta López Alonso, Profesora titular do Departamento de Patoloxía Animal da USC, e Dª Marta I. Miranda Castañón, Titular do Departamento de Ciencias Clínicas Veterinarias da mesma Universidade.
 
Durante o tres anos que traballou no CETAL e en colaboración co Departamento de Patoloxía Animal da Universidade de Santiago, Francisco Rei desenvolveu a parte experimental do proxecto de investigación  “Situación nutricional del ganado vacuno lechero en producción ecológica en el Norte de España. Comparación con los sistemas convencionais". O obxectivo principal do proxecto era analizar a situación nutricional do gando vacún de leite en sistemas ecolóxicos do norte de España, comparándoo cos sistemas tradicionais, así como establecer medidas de corrección de tipo nutricional e de manexo adaptadas a cada unha das explotacións ecolóxicas dentro do marco lexislativo actual, avaliando a súa capacidade de éxito.
 
Como conclusión da tese que defendeu Francisco Rey cabe mencionar que os resultados do estudo demostran o potencial das algas mariñas da costa galega como fonte de microminerales para o gando leiteiro, o cal mellora significativamente o status mineral dos animais.
 
Así, o estudo conclúe que a administración de suplementos de algas combinada con outra fonte de selenio é unha ferramenta eficaz para mellorar o status mineral dos animais e para obter leite con concentracións adecuadas de selenio e especialmente de iodo, o cal é significativamente relevante en áreas bocógenas onde o leite é a principal fonte de iodo para os humanos e primordial para determinados sectores da poboación (nenos e mulleres embarazadas).
 
O estudo deixa aberta a posibilidade de profundar con novos proxectos de investigación noutros efectos positivos da suplementación con algas.
 
Este proxecto xa fora premiado no XVIII Congreso Internacional Anembe de Medicamento Bovino, no que a exposición do estudo presentada por Francisco Rey baixo o título "Empleo de algas marinas como suplemento mineral den vacuno de leche en ecológico" foi distinguida como a mellor comunicación oral.
 
Destacar, por último, que por mor deste proxecto de investigación a Fundación CETAL e a Universidade de Santiago de Compostela solicitaron unha patente baixo o título "Suplemento mineral a base de algas para incrementar los niveles de ydo y selenio en la dieta animal y en los productos derivados de los mismos".
 









voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO