Actualidade
A Fundación CETAL recibe a visita de representantes das confederacións de empresarios de Galicia e Lugo
xoves, 04 de decembro de 2014
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e o conselleiro delegado executivo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) percorreron as instalacións da Fundación e interesáronse pola súa actividade investigadora

O director general do CETAL, Javier López Viana, e o subdirector, Pablo Rancaño Otero, acompañaron esta mañá ao presidente da CEG, José Manuel Fernández Alvariño, e ao conselleiro delegado executivo da CEL, Jesús Quintá García, na súa visita á Fundación.
 
O percorrido polas instalacións incluíu unha parada na área tecnolóxica, onde se atopa o recentemente creado Laboratorio de Seguridade Alimentaria, que se compón de dúas unidades especializadas, en Bioloxía Molecular e en Microbiología.
 
No transcurso desta visita, o director do CETAL deulles a coñecer as principais liñas de traballo e investigación que se están levando a cabo na Fundación. Neste sentido, destacou os avances realizados en materia de seguridade alimentaria e as posibilidades que está a desenvolver o Laboratorio para poder asistir tecnicamente ás empresas para o control microbiológico das producións.
 
Pola súa banda, tanto o presidente da CEG como o conselleiro delegado executivo da CEL mostraron un gran interese polas actividades da Fundación e pola posibilidade de establecer colaboracións futuras entre ambas as entidades, co obxectivo de mellorar a competitividade das empresas do sector agroalimentario en Galicia.











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO