Actualidade
O CETAL e o MAGRAMA asinan un convenio para garantir a seguridade alimentaria a través de liñas de investigación na produción primaria agrícola
xoves, 11 de setembro de 2014
 
D. Valentín Almansa  de Lara, Director General de Sanidad de la Producción Agraria do MAGRAMA e D. Javier López Viana, Director General da Fundación CETAL asinaron o acordo en Madrid.

Valentín Almansa de Lara, director general de Sanidad de la Producción Agraria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), e Javier López Viana, director general da Fundación Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL), asinaron no día de hoxe un convenio co obxectivo de instrumentalizar a colaboración entre ambas as entidades en materia de seguridade alimentaria.

As enfermidades transmitidas polos alimentos representan un crecente problema de saúde pública a nivel mundial. A detección e cuantificación de microorganismos patógenos en alimentos é un dos grandes retos aos que se enfronta a industria alimentaria actualmente. Estes aspectos son especialmente importantes en España, que é un exportador neto, especialmente de froitas e hortalizas.

A identificación dos puntos de control e a aplicación de controis microbiológicos no sector produtivo español de froitas e hortalizas faise imprescindible para minimizar riscos e garantir a calidade e seguridade dos alimentos.

Coa posta en marcha deste convenio entre ambas as entidades, preténdense definir as liñas de investigación e traballo que se han de seguir nesta temática, entre as que destaca un programa pioneiro para levar a cabo Monitoreo Microbiolóxico de Producións Hortícolas en España (MMPH), que o CETAL desenvolverá co obxectivo de proporcionar información rigorosa sobre a presenza de patóxenos específicos en froitas e hortalizas frescas. Durante os tres anos establecidos para esta colaboración, poderán establecerse novas liñas de investigación ou desenvolvemento tecnolóxico.







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO