Actualidade
O CETAL recibe a visita do grupo LPF-TAGRALIA da Universidade Politécnica de Madrid (UPM)
xoves, 05 de xuño de 2014

O CETAL recibe a visita do grupo LPF-TAGRALIA para avaliar o desenvolvemento dos estudos de tecnoloxías instrumentais non destrutivas aplicadas á determinación da calidade do aceite de oliva.

Membros do grupo de Investigación LPF-TAGRALIA da Universidade Politécnica de Madrid (UPM) visitaron e reuníronse co director general e diversos técnicos do CETAL para avaliar o desenvolvemento dos estudos de tecnoloxías non destrutivas que permitan determinar e cuantificar a perda de calidade do aceite de oliva virxe por envellecemento e as fraudes de calidade por quecemento de aceites.

As investigadoras e integrantes do grupo LPF-TAGRALIA da UPM, Margarita Ruiz Altisent, Lourdes Lleó, Natalia Hernández e Teresa Cuadrado visitaron o CETAL e reuníronse co director xeral, Javier López Viana, e con diversos técnicos do Centro co fin de presentar e avaliar os resultados dos estudos realizados, froito do convenio asinado entre ambas as entidades a finais de 2012. Mediante técnicas de espectroscopía VIS/NIR, de fluorescencia e RMN de alta resolución, realizáronse ensaios de envellecemento de aceites de oliva almacenados en distintas condicións e ensaios sobre aceites desodorizados por tratamentos térmicos.
 
Tras a visita polas instalacións do CETAL, na reunión de traballo valoráronse os resultados presentados, a viabilidade das técnicas empregadas e a posibilidade de novos ensaios de validación para conseguir o obxectivo de desenvolver métodos de rutina que permitan detectar e cuantificar a perda de calidade asociada aos procesos de envellecemento dos aceites de oliva e estudar o proceso de degradación dos aceites sometidos a altas temperaturas, co fin de detectar aceites de oliva adulterados con aceites desodorizados por quecemento.







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO