Actualidade
O CETAL completa a primeira fase de equipamento técnico no Laboratorio de Seguridade Alimentaria
xoves, 01 de maio de 2014

O CETAL ultima a posta en marcha do Laboratorio de Seguridade Alimentaria LSA-CETAL (unidades de Microbioloxía e Bioloxía Molecular) coa recepción do equipamento técnico.

Tras a finalización o pasado mes de abril das obras da primeira fase de reforma da área tecnolóxica da Fundación, recentemente, realizouse a recepción e posta a punto do equipamento adquirido para as unidades de microbioloxía e bioloxía molecular.

En novembro de 2013 publicáronse no BOE e na páxina web do CETAL as licitacións correspondentes á contratación da subministración de equipamento para as unidades de Microbiologíay Bioloxía Molecular a través dos procedementos abertos PA01_2013 e PA02_2013, cun investimento total de 451.118 €.

Entre o equipamento adquirido nas devanditas licitacións, destaca a incorporación de dous equipos para a realización de análise de ácidos nucleicos, o analizador xenético capilar ABI 3500 Genetic Analyzer e o equipo de PCR en tempo real 7500 Fast-Real PCR System, ambos da casa comercial Life Technologies. Dita tecnoloxía permitiranos o desenvolvemento de servizos e innovación no campo da bioloxía molecular, co obxectivo de incrementar a fiabilidade na detección de bacterias patógenas en alimentos, así como, outras múltiples aplicacións no campo da seguridade alimentaria.







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO