Actualidade
O CETAL finaliza as obras de reforma da área Tecnolóxica
xoves, 10 de abril de 2014

O CETAL conclúe as obras de reforma da área Tecnolóxica, o que permitirá iniciar as actividades para a posta en marcha do Laboratorio de Seguridade Alimentaria LSA-CETAL.

En xullo de 2013 iniciouse o proceso de contratación das obras de acondicionamento da área tecnolóxica do CETAL (CN01_2013). Ditas obras comprenderon actuacións para completar a construción, acondicionamento e dotación de mobiliario no Laboratorio de Seguridade Alimentaria.

A obra para a construción do devandito laboratorio afectou a 6 locais da á esquerda do edificio, 3 en planta baixa e 3 en planta primeira, cun total de 513,79m2. O Laboratorio de Seguridade Alimentaria estará composto por dúas unidades principais, unha de Microbiología e outra de Bioloxía Molecular.

Trátase dunha das liñas de traballo aprobadas pola Fundación e incluídas no plan de actuación de 2013, que facía referencia á creación dun laboratorio de seguridade alimentaria para o diagnóstico dos principais patógenos bacterianos de transmisión alimentaria (LSA-CETAL): E.coli, Campylobacter, Salmonella, Listeria, etc.

Unha vez concluída esta reforma,está previsto realizar durante os próximos meses a recepción e posta a punto do equipamento adquirido para as unidades de microbiología e bioloxía molecular, así como a realizacióndel proceso de selección dos técnicos especializados para a súa posta en funcionamento







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO