Actualidade
O Director General da Industria Alimentaria do MAGRAMA, Fernando Burgaz, presidiu a reunión do Padroado da Fundación CETAL celebrada hoxe en Lugo
luns, 30 de xuño de 2014
O padroado do CETAL reúnese para analizar os principais avances na execución do Plan de actuación da Fundación. Con carácter previo á celebración do padroado, realizouse unha visita á Área Tecnolóxica do Centro, para coñecer as novas instalacións do Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL).

O padroado do CETAL reúnese para analizar os principais avances na execución do Plan de actuación da Fundación. Con carácter previo á celebración do padroado, realizouse unha visita á Área Tecnolóxica do Centro, para coñecer as novas instalacións do Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL).

O director general da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Fernando Burgaz, presidiu esta tarde en Lugo a reunión do Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), para analizar a estado execución do Plan de actuación 2013, aprobado o pasado 25 de xuño de 2013. Desde esa data, desenvolvéronse importantes actuacións nas principais liñas prioritarias de traballo do Centro (sector lácteo, control da calidade do aceite de oliva e seguridade alimentaria).

Destacar o traballo realizado nestes meses desde a Fundación no deseño, acondicionamento e dotación de equipamento analítico do Laboratorio de Seguridade Alimentaria (LSA-CETAL), que hoxe se presentou aos membros do Padroado. Un novo laboratorio que dispón de dúas unidades principais (microbioloxía e bioloxía molecular), que permitirá iniciar nos próximos meses unha das novas liña de traballo incluída no Plan 2013, que fai referencia á seguridade alimentaria e, máis concretamente, á creación dun laboratorio de diagnóstico dos principais patógenos bacterianos de transmisión alimentaria (Campylobacter, Salmonella, Listeria e E.coli).

O director xeral do Cetal, Javier López Viana, foi o encargado de dar conta da execución do plan de actuación, e expuxo o traballo realizado nestes meses pola Fundación en aras da promoción e impulso de accións encamiñadas ao desenvolvemento tecnolóxico e a mellora competitiva do sector agroalimentario.


SEGURIDADE ALIMENTARIA

Nesta liña concreta de traballo, o CETAL vai establecer colaboracións a través de dous convenios. Un para deseñar e desenvolver programas de monitoreo microbiológico na produción primaria de alimentos vexetais en España co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria. E, outro convenio, coa Universidade de Santiago de Compostela, a través do Laboratorio de Referencia de E.coli (LREC) do Departamento de Microbiología e Parasitología, co obxectivo de dispor do asesoramento e apoio técnico na posta en marcha e acreditación do LSA-CETAL, e para a realización de proxectos de investigación conxuntos nesta temática de gran interese para o sector agroalimentario.


SECTOR LÁCTEO

O Padroado tamén foi informado as actuacións realizadas no sector lácteo, dentro das colaboracións establecidas coa Interprofesional Láctea (INLAC) e co MAGRAMA, especialmente na realización do ?Observatorio Nacional de Prezos no Sector Lácteo? e no deseño e xestión do logotipo PLS "Produtos Lácteos Sostenibles".


SECTOR OLÉICO

Dentro da liña de traballo desenvolvida no CETAL para o control de calidade do aceite de oliva, informouse os avances nos traballos de investigación de face a obter un método de análise obxectiva e complementaria ao tradicional "panel test" empregado no control de calidade do aceite. Á súa vez, o CETAL informou da súa participación no proxecto "Caracterización de compostos volátiles do aceite de oliva", que ten como principal obxectivo a procura dunha tecnoloxía instrumental efectiva para a clasificación e diferenciación dos aceites de oliva utilizando diversas metodoloxías. Un proxecto que se está desenvolvido no marco do Convenio de colaboración científico-técnica entre o MAGRAMA, a Xunta de Andalucía e a Organización Interprofesional do Aceite de Oliva Español.


APROBACIÓN DE CONTAS E ORZAMENTO PARA 2015.

O Padroado do CETAL, ademais da aprobación das contas do exercicio 2013, aprobou o "Plan de actuación e orzamento 2015. A principal actuación prevista para o período 2014-2015 no LSA-CETAL será a creación dunha unidade de seguridade biolóxica nivel 3 que permitirá ampliar as determinacións do Laboratorio á análise de patógenos para os que sexa necesario traballar con este nivel de bioseguridad.











voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO