Actualidade
A Fundación CETAL asiste en Barcelona á Feira Alimentaria-2014
martes, 01 de abril de 2014

O Director General da Fundación CETAL asistiu na feira Alimentaria-2014, á presentación que realizou o MAGRAMA sobre as actuacións levadas a cabo no marco do Convenio de Colaboración para a Implantación e Desenvolvemento do Programa de Produtos Lácteos Sustentables.
 

O Director General da Industria Alimentaria, D. Fernando José Burgaz Moreno, realizou unha presentación, no stand informativo que habilitou o MAGRAMA na devandita feira sobre os Produtos Lácteos Sustentables, en relación ás actuacións levadas a cabo polo Ministerio no marco do Convenio de Colaboración para a Implantación e Desenvolvemento dun Programa de Produtos Lácteos Sustentables, no que CETAL participa da xestión e regulamento de uso do logo PLS.
 
No panel principal da caseta informativa do MAGRAMA estiveron presentes, coa súa imaxe corporativa, todas as industrias lácteas e empresas da distribución alimentaria adheridas ao Convenio, xunto coa Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), e que utilizan o logotipo PLS nos seus produtos, comunicacións ou promocións.
 
No perímetro exterior da caseta institucional situáronse, igualmente,paneis informativoscon a imaxe gráfica do logotipo PLS, así como dúas pantallas de vídeo, nas que se proxectaron diferentes reportaxes e anuncios de promoción dos produtos lácteos sustentables, levados a cabo tanto por parte do Ministerio, FENIL e as industrias lácteas participantes.







voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO