Actualidade
O CETAL asiste á reunión do proxecto 'Caracterización de compostos volátiles do aceite de oliva', organizada polo MAGRAMA e a Interprofesional do Aceite de Oliva Español
venres, 21 de marzo de 2014
Este proxecto enmárcase dentro dunha das liñas estratéxicas do CETAL para a investigación e desenvolvemento tecnolóxico no Sector do Aceite de Oliva.
 
O CETAL asistiu á reunión, celebrada no Reitorado da Universidade de Córdoba, do proxecto "Caracterización de compostos volátiles do aceite de oliva", desenvolvido no marco do Convenio de colaboración científico-técnica entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Xunta de Andalucía e a Organización Interprofesional do Aceite de Oliva Español, que ten como principal obxectivo a procura dunha tecnoloxía instrumental efectiva para a clasificación e diferenciación dos aceites de oliva (virxe extra, virxe e lampante) que complemente o "panel test".
 
No devandito proxecto están a participar 8 grupos de investigación: 5 integrados no CEIA3 andaluz (Campus de Excelencia Internacional en Agroalimentación), a Universidade de Granada, a Universidade Jaume I de Castelló e o CETAL. Nesta reunión, presentáronse os primeiros resultados de valoración das diversas metodoloxías empregadas, que inclúen a espectroscopía NIRS, a cromatografía de gases-espectrometría de masas, a espectrometría de mobilidade iónica e, por último, o axuste de espazo de cabeza-espectrometría de masas, que foi o método empregado nesta primeira fase do proxecto polo CETAL. Discutíronse aspectos técnicos relacionados co desenvolvemento dos diversos métodos analíticos e quimiométricos utilizados e, expuxéronse as novas estratexias para a continuidade do mesmo.
 
Trátase dun ambicioso proxecto, caracterizado polo seu enfoque práctico e a estreita colaboración entre estes grupos punteiros na investigación do aceite de oliva e os sectores da produción e a industria.A participación do CETAL no proxecto, enmárcase dentro dunha das liñas estratéxicas do Centro e do convenio de colaboración entre CETAL e MAGRAMA para a investigación e desenvolvemento tecnolóxico no Sector do Aceite de Oliva.





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO