Actualidade
Os responsables técnicos do Laboratorio Arbitral Agroalimentario do MAGRAMA visitan as instalacións do CETAL
martes, 18 de marzo de 2014
Os técnicos do CETAL e do Laboratorio Arbitral Agroalimentario do MAGRAMA reuníronse para analizar o desenvolvemento do proxecto de estudo e caracterización da calidade do aceite de oliva mediante técnicas baseadas na espectrometría de masas

Os responsables técnicos do Laboratorio Arbitral Agroalimentario do MAGRAMA visitaron as instalacións do CETAL e do laboratorio AMS-Lab, para analizar o desenvolvemento do proxecto de estudo e caracterización da calidade do aceite de oliva mediante espectrometría de masas, enmarcado dentro da liña "Control de calidade do aceite de oliva", unha das liñas estratéxicas do Centro e do convenio de colaboración entre CETAL e MAGRAMA para a investigación e desenvolvemento tecnolóxico no Sector do Aceite de Oliva.
 
O obxectivo deste proxecto, segundo se reflicte no Convenio entre o MAGRAMA e CETAL de maio de 2013, é investigar a aplicación de técnicas instrumentais para a obtención de parámetros que permitan medir obxectivamente as características organolépticas do aceite de oliva e permitan a súa clasificación sensorial.
 
Neste operativo tamén participa o Laboratorio "Applied Mass Spectrometry Laboratory S.L." (AMS-Lab) de Lugo, especialistas en espectrometría, para a análise e optimización dos métodos analíticos.
 
A visita e reunión cos técnicos de Laboratorio Arbitral Agroalimentario, forma parte das actividades de traballo e control do proxecto, para o intercambio de información, selección e optimización das técnicas analíticas e o correcto desenvolvemento do proxecto.
 
Para a consecución dos obxectivos propostos, están a empregarse e testando diversas metodoloxías baseadas na espectrometría de masas, coa finalidade de atopar un método instrumental rutineiro, preciso e económico e un modelo estatístico predictivo robusto e fiable para a caracterización e diferenciación das categorías do aceite de oliva (extra, virxe e lampante).









voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO