Actualidade
Publicado no DOG a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego a fusión por absorción do CTLácteo por parte do CETAL
mércores, 19 de febreiro de 2014
No Diario Oficial de Galicia (DOG) número 34 de data 19 de febreiro publícase a resolución da inscrición da Fundación CETAL no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da fusión por absorción da Fundación CTLÁCTEO por parte da Fundación CETAL

Tras a autorización por parte do Consello de Ministros o 29 de Setembro de 2013 da fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia (CTLácteo) por parte da Fundación Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL), a Fundación resultante solicitou a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego ao órgano competente.

O Rexistro de Fundacións de Interese Galego está integrado por un rexistro único adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia, e as distintas seccións adscritas a cada un dos departamentos con funcións de protectorado, en cada unha das cales levará un rexistro auxiliar, no que se inscribirán os actos e documentos correspondentes ás fundacións sobre as que exerzan ditas funcións.

O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal das fundacións, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade fundacional, á vez que actúa como instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade fundacional galega.

Link coa resolución do DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140219/AnuncioCA04-110214-0006_gl.html




voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO