Actualidade
O CETAL inicia as obras de reforma e acondicionamento da área Tecnolóxica do edificio da Fundación.
luns, 09 de setembro de 2013
O CETAL inicia as obras de reforma e acondicionamento da Área Tecnolóxica do edificio, instalacións onde se executarán as actividades incluídas nas liñas de actuación da Fundación, e que permitirán pór en marcha o Laboratorio de Seguridade Alimentaria LSA-CETAL.

No mesmo mes no que se obtiveron as licenzas de primeira utilización e de actividade administrativa do edificio do CETAL, xullo de 2013, iniciouse o proceso de contratación das obras de reforma e acondicionamento da área tecnolóxica. A principios do mes de setembro iniciáronse ditas obras e prevese que a súa conclusión se leve a cabo nos primeiros meses de 2014.

As actuacións a realizar comprenden o acondicionamento dos futuros laboratorios de Microbioloxía e Bioloxía Molecular.

A obra afecta a 6 locais da á esquerda do edificio (3 en planta baixa e 3 en planta primeira) e a un total de 513,79 m2.

O investimento comprometido suma un total de 469.796,79€ e comprende actuacións de albanelaría, fontanaría, saneamento, electricidade, comunicacións, climatización e detección e extinción de incendios.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO