Actualidade
O CETAL e a Universidade Politécnica de Madrid (UPM), colaboran no desenvolvemento dun estudo de Tecnoloxías Instrumentais non destrutivas aplicadas á determinación da calidade do aceite de oliva
mércores, 15 de maio de 2013
O CETAL e o Grupo de Investigación LPF-TAGRALIA da UPM colaboran no desenvolvemento de tecnoloxías que permitan determinar e cuantificar a perda de calidade do aceite de oliva virxe por envellecemento e os fraudes de calidade por quecemento de aceites.

O Reitor da Universidade Politécnica de Madrid, Carlos Conde Lázaro e o Director General do CETAL, Javier López Viana, formalizaron a finais de 2012, un contrato para a realización dun estudo de Tecnoloxías Instrumentais non destrutivas aplicadas á determinación da calidade do aceite de oliva.

Mediante técnicas de espectroscopía VIS/NIR/MIR e Resonancia Magnética Nuclear (RMN) de alta resolución, realízanse ensaios de envellecemento de aceites de oliva almacenados en distintas condicións e ensaios sobre aceites desodorizados por quecemento.

A través desta colaboración e coa experiencia do grupo de investigación LPF-TAGRALIA, adscrito á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos da UPM, na aplicación de técnicas de espectroscopía en alimentos, o obxectivo é desenvolver métodos de rutina que permitan detectar e cuantificar a perda de calidade asociada aos procesos de envellecemento dos aceites de oliva, e estudar o proceso de degradación dos aceites sometidos a altas temperaturas, co fin de detectar aceites de oliva adulterados con aceites desodorizados por quecemento





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO