Actualidade
CETAL e AMS-Lab (Applied Mass Spectrometry Laboratory) colaboran no estudo e caracterización da calidade do aceite de oliva virxe
venres, 25 de outubro de 2013
CETAL e AMS-Lab están a traballar no estudo e caracterización da calidade do aceite de oliva virxe mediante técnicas baseadas na espectrometría de masas, co obxectivo de desenvolver un método instrumental rutinario e preciso para a caracterización e diferenciación das categorías de aceite de oliva (extra, virxe e lampante).

O xerente da empresa AMS-Lab, Manuel Lolo Aira e o Director General do CETAL, Javier López Viana, formalizaron un contrato para o estudo e caracterización da calidade do aceite de oliva virxe mediante espectrometría de masas con axuste directo a espazo de cabeza (HS-MS), dentro do proxecto de control da calidade do aceite de oliva virxe do CETAL.
 
Mediante esta tecnoloxía preténdese desenvolver un método instrumental e un modelo estatístico predictivo fiable e robusto. Paralelamente, explóranse outras alternativas analíticas baseadas na espectrometría de masas que permitan alcanzar o obxectivo da diferenciación das categorías do aceite de oliva virxe (extra, virxe e lampante).
 
Estes estudos enmárcanse dentro dunha das liñas estratéxicas do CETAL e do convenio de colaboración entre CETAL e MAGRAMA, para a investigación e desenvolvemento tecnolóxico no Sector do Aceite de Oliva.





voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO