Os días 21 e 22 de novembro de 2013 publicáronse no BOE e na páxina web do CETAL, as licitacións correspondentes á contratación da subministración de equipamento para os laboratorios de Bioloxía Molecular e Microbioloxía. (Procedementos abertos nº PA01_2013 e PA02_2013).
Neste mesmo mes tamén se licitou o mobiliario necesario para estes dous laboratorios.
Nestes momentos finalizáronse os procesos de contratación, supondo este equipamento un investimento 451.118 €, e prevese un prazo de entrega máximo de tres meses.
|