Actualidade
O Cetal estrea a súa nova páxina web
martes, 11 de febreiro de 2014
 
O pasado día 10 de febreiro o Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo puxo en marcha a súa nova páxina web.

A Fundación CETAL puxo en marcha unha nova páxina web cunha visión máis accesible e funcional dotada de novos contidos.

Nesta nova web pódense atopar de maneira práctica e actualizada todos os aspectos relacionados coa Fundación; desde unha breve descrición da mesma, quen forman os seus órganos de goberno ou cales son os obxectivos fundacionais, até todo o relacionado cos traballos e liñas de investigación actuais.

Así mesmo, creáronse ligazóns directas co perfil do contratante e as ofertas de emprego, onde se publicitará toda a información sobre os procesos de contratación que se realicen na Fundación.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO