Actualidade
A Consellería do Medio Rural reúnese co Centro Tecnolóxico Agroalimentario para valorar futuras colaboracións
luns, 03 de xuño de 2019
  • O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co director xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal), Javier Bueno
 
O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co director xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal), Javier Bueno, para avanzar na colaboración con este organismo en ámbitos como a seguridade alimentaria ou a investigación, o desenvolvemento e a innovación especialmente orientados cara o sector lácteo.
 
Na xuntanza, na que tamén participaron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, valorouse a posibilidade de levar a cabo futuras colaboracións, por exemplo, de cara a aquelas analíticas para as que a consellería non teña acreditación e precisen doutro laboratorio autorizado como é o Cetal, dependente da Administración Xeral do Estado e que ten a súa sede en Lugo.
 



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO