Actualidade
A Comisión para o estudo da integración da Aula de Productos Lácteos (APL) no CETAL conclúe os seus traballos
luns, 02 de decembro de 2013
A comisión para a integración da APL no CETAL reúnese por quinta vez. Apróbase o informe externo de auditoría sobre a actividade da APL e a elevación da proposta de integración aos respectivos órganos de dirección de ambas as entidades.

En febreiro de 2013 o padroado do CETAL acorda a creación dunha comisión para o estudo do proceso de integración da Aula de Productos Lácteos, que quedou constituída por catro membros, dous en representación da Universidade de Santiago de Compostela e da aula de Produtos Lácteos: o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo e o Director de Xestión e Valoración de I+D, da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, e dous en representación do MAGRAMA e do CETAL (o Subdirector General de Fomento Industrial e Innovación do devandito Ministerio e o Director General da Fundación).

Esta comisión reuniuse nun total de 5 ocasións, desde marzo até decembro de 2013, co obxectivo de poder deseñar e acordar unha ou varias fórmulas de integración e/ou colaboración entre o CETAL e o APL.

Finalmente, na reunión celebrada o 2 de decembro de 2013, preséntase un informe completo de auditoría da APL (sobre persoal, liñas de actividade, investimentos e financiamento). Aprobado este informe e as súas conclusións, acórdase que cada entidade debería elevar aos seus órganos de dirección unha proposta de integración do APL no CETAL, que comprendese igualmente a incorporación da USC no padroado do CETAL como un patrón singular. Esta comisión propuxo dende a súa primeira reunión alcanzar unha situación de máximos, que supuxese a integración total da APL no CETAL.

Dende o CETAL, unha vez que se dispón do informe de auditoría externo de actividades da APL, elevarase internamente esta proposta de integración ao Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, ao obxecto de que emita o preceptivo informe ao respecto.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO