Actualidade
O primeiro Informe do Observatorio de Precios do Sector Lácteo elaborado polo CETAL, foi presentado por Fernando Burgaz, Director General da Industria Alimentaria
martes, 10 de decembro de 2013
O Director General da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, presentou o primeiro  Informe do Observatorio de Precios do Sector Lácteo elaborado polo CETAL.  

Fernando Burgaz, Director General da Industria Alimentaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, presidiu no día de onte a IX reunión da Comisión de Seguimento do "Convenio  de Colaboración para la mejora de la eficiencia de las cadenas de valor e¡y comercialización de la leche y los productos lácteos".

Neste marco analizouse co sector produtor, a industria e a distribución as campañas de promoción e a evolución do  consumo do leite e os produtos lácteos, e repasáronse as actuacións realizadas durante os últimos  meses en materia de promoción, entre elas a relativa ao Programa de Productos Lácteos Sostenibles, na cal o CETAL participa como responsable da xestión do Logo PLS.  

En materia de comercialización resaltouse o incremento dos prezos  medios percibidos polos gandeiros, e presentáronse os datos do Panel de Consumo Alimentario do  Ministerio no mes de outubro

Nesta reunión tamén se presentou o primeiro Informe do Observatorio de Precios do Sector Lácteo, elaborado polo CETAL, que achega ao sector lácteo español información  mensual dos seus principais parámetros. Este Informe, cuxo contido fora validado previamente polos membros da Comisión, recompila a  información máis relevante da evolución do sector a partir das diferentes fontes públicas de datos.



voltar
 
 
CETAL · Centro Tecnológico Agroalimentario · Calle Montirón nº 154 · C.P 27002 · LUGO